Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amplían e melloran a rede de saneamento da rúa Feal de Paiosaco

O Concello financia integramente con fondos municipais a execución do proxecto de mellora da rede de saneamento que se está a acometer na rúa Feal, no núcleo urbano de Paiosaco. A actuación consiste na ampliación da canalización, a creación de pozos de rexistro para a correcta realización dos mantementos e a instalación dun sistema de bombeo, o que permitirá dar solución á pendente da zona e conectala coa rede xeral para derivar as augas residuais para o seu tratamento na estación depuradora do Formigueiro.

A ampliación dos servizos básicos como as redes de saneamento son actuacións consideradas prioritarias para o goberno local, “xa que supoñen importantes melloras para os veciños residentes no municipio, ademais de tratarse de intervencións que teñen un impacto directo na protección do medio ambiente”, afirman.

09 abr 2021 / 19:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.