Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amplíase a sinalización viaria e as prazas de aparcamento no concello larachés

A actuación máis ampla deuse no Igrexario de Erboredo // Outros intervencóns leváronse a cabo en rúas da Laracha e de Paiosaco, nos colexios de ambas vilas e na urbanización Monte Claro de Cabovilaño

A Laracha. O Concello da Laracha está a desenvolver un amplo proxecto que inclúe a pintura da sinalización horizontal en diversos puntos da rede viaria e das prazas de estacionamento en espazos públicos que son empregados como áreas de aparcamento de vehículos.

A intervención máis ampla realizouse en Erboedo, na ampla explanada de titularidade municipal situada nas inmediacións do Igrexario e xunto ao centro sociocultural desa parroquia. O espazo –que tamén é empregado como campo da festa- é o lugar onde estacionan os vehículos especialmente durante as xornadas nas que se ofician actos relixiosos na igrexa parroquial de Santa María de Erboedo. Levouse a cabo un marcado de 75 prazas de aparcamento –tres delas reservadas para persoas con mobilidade reducida- que permite reorganizar e aproveitar mellor o espazo facilitando a entrada e saída de vehículos.

Os outros traballos de pintura centráronse no remarcado de pasos para peóns, sinalización horizontal, zonas excluídas ao tráfico, prazas de aparcamento e zona amarela en diversas localizacións do municipio. No núcleo urbano da Laracha interviuse na Avenida Manuel Fraga e nas rúas Eusebio Bértoa, Arxentina, Suíza, Santa Lucía, Río Bradoso e José Loureiro. En Paiosaco a actuación centrouse na Avenida Bergantiños. E en Cabovilaño traballouse na urbanización Monte Claro.

Ademais, no interior do CEIPs Otero Pedrayo e Alfredo Brañas realizouse o pintado dos itinerarios peonís establecidos como medida de prevención ante o coronavirus, incluíndo marcas viarias, símbolos e pictogramas.

18 nov 2020 / 16:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.