Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apoio municipal ás entidades da Laracha dos eidos cultural, educativo e do deporte

Teñen de prazo ata o día 17 para solicitar as axudas, ás que poden acceder tamén os deportistas individuais

A Laracha. O Concello lembra que o sábado (17 de xullo) rematará o prazo para solicitar subvencións municipais dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais. Unha liña de axudas que é compatible coas convocadas por outras administracións e ten por finalidade cooperar no financiamento dos gastos de organización e desenvolvemento de actividades realizadas ou que se vaian levar a cabo este ano.

Contémplanse catro apartados de actuacións subvencionables. Un é a promoción de actividades educativas, actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas asociacións de alumnos ou de pais e nais ou mesmo polos propios centros educativos. Outro serían as accións culturais, entendendo por elas calquera acción referida á conservación, promoción e divulgación dos valores culturais.

O terceiro apartado inclúe as actividades deportivas: escolas, cursos, competicións, campus e todas as relacionadas co fomento do deporte en xeral. E por último, os deportistas individuais, aos que o Concello pretende apoiar cunha subvención para sufragar os gastos das viaxes ou da adquisición e o mantemento do seu material deportivo. Á hora da concesión da subvención valoraranse os éxitos persoais de cada deportista nas competicións en diferentes ámbitos xeográficos.

As entidades beneficiarias deben desenvolver a súa actividade na Laracha e carecer de fins de lucro. Aos deportistas individuais requíreselles estar empadroados no concello cunha antigüidade mínima de dous anos, dispoñer de licenza deportiva vixente, non realizar a súa actividade como parte dun club, asociación ou entidade beneficiaria desta mesma liña de axudas e participar en competicións de ámbito autonómico, nacional ou internacional. M. L.

13 jul 2021 / 17:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.