Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apoio provincial ó sector da hostalaría de Malpica

Malpica. O Concello e a Asociación de Hostalaría de Malpica traballan conxuntamente na dinamización do sector. A agrupación, constituída a principios deste ano, busca que todos os negocios do municipio progresen conxuntamente no eido económico e formativo. Con ese obxectivo, mantiveron un encontro na Deputacióncon Antonio Leira, titular de Economía, Facenda e Persoal. Desde a asociación consultaron a viabilidade dunha serie de propostas coas que reactivar e potenciar a súa actividade económica. Unha vez formada, a asociación pode optar a subvencións coas que sufragar, por exemplo, cursos formativos para os seus traballadores ou outras accións conxuntas de promoción. Na actualidade, a Asociación de Hostalaría de Malpica está formada por máis de 60 negocios de todo o municipio. Desde o goberno local destacan “a disposición da Deputación á hora de ofrecer asesoramento a unha agrupación que pode dinamizar enormemente a actividade económica do noso municipio”. Do mesmo xeito, agradeceron a “vontade de cooperación da asociación co Concello”, xa que “ambas organizacións buscamos que Malpica e a súa veciñanza progrese en todos os ámbitos”.

01 mar 2021 / 18:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.