Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aportación local ó pósito de Caión para manter o Arquivo da Pesca da vila

A Laracha. José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e José Héctor Morgade Carracedo, patrón maior de Caión, rubricaron o convenio en virtude do que se renova a colaboración entre o Concello e a Confraría de Pescadores da localidade. O acordo establece que o Concello da Laracha concede unha subvención nominativa de 5.000 euros coa finalidade de cooperar no financiamento dos gastos derivados da apertura ao público e o mantemento das instalacións (gastos en persoal, limpeza, electricidade, etc.) do Arquivo da Pesca, museo

que é propiedade da confraría. O Arquivo da Pesca foi creado para poñer en valor o rexistro histórico, dignificar o oficio dos pescadores e divulgar a cultura mariñeira. Atópase no baixo do edificio do pósito e alberga os fondos do arquivo e unha exposición permanente que percorre a historia e a cultura mariñeira da vila a través da actividade pesqueira. Por medio de documentos, obxectos e paneis explicativos pódese coñecer o pasado de Caión, desde os antigos baleeiros ata a época dourada da pesca no século XX.

29 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.