Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aposta pola protección e divulgación turística do esteiro do Anllóns

Trenor destacou as súas potencialidades nun foro da Fundación Eduardo Pondal

Ponteceso. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, destacou as as potencialidades do esteiro do Anllóns (Ponteceso) para converterse nun referente turístico de calidade, “pero o primeiro que debemos facer é protexelo e dalo a coñecer”, afirmou durante a súa participación nun foro de desenvolvemento rural celebrado na sede da Fundación Eduardo Pondal.

O representante autonómico subliñou que o río Anllóns, e máis en concreto o seu esteiro, forma un espazo natural dunha gran riqueza, no que sobresaen “o seu valor paisaxístico e a súa riqueza ornitolóxica”.

Trenor puxo en valor tamén a labor das fundacións Eduardo Pondal e Juana de Vega, “porque levan anos traballando a prol da cultura, da difusión e do coñecemento dos valores da nosa terra, de Galicia”, afirmou.

O foro, incluido no programa de actividades do Outono Pondaliano que promove a Fundación Pondal, complementouse cunha intervención especial do director da Fundación Juana de Vega e, pola tarde, a cooperativa CEM deu a coñecer vellas rutas comerciais de sal, madeira, area e mesmo ouro que se valían do río Anllóns.

Tamén houbo conferencias sobre a ornitoloxía e os valores ambientais do esteiro do Anllóns, e presentouse unha embarcación eléctrico-solar, desde a cal os participantes poideron descubrir os segredos do espazo natural.

O Outono Pondaliano desprazarase este domingo, día 18, a Mondoñedo, localidade natal de Pascual Veiga, autor da música do himno galego, ao que lle puxo letra o bardo pontecesán Eduardo Pondal. Representantes da súa fundación participarán nunha ofrenda floral. M. LAVANDEIRA

17 oct 2020 / 16:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.