Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aprobada a concesión de subvencións para 29 entidades culturais carballesas

A distribución das axudas fíxose pública na Xunta de Goberno celebrada este luns // Entre outros asuntos foi aprobada a modificación dos contratos dos servizos de limpeza de colexios e escolas de infantil e primaria

Carballo. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza deste luns a concesión de subvencións a un total de 29 entidades culturais por un importe de 46.986,74 euros. Entre elas atópase: A.C. Arume, A. Mulleres Rurais de Sofán, 601; Centro Social San Xoán Bautista, Asociación da 3ª Idade San Xoán Bautista, Coro Aires de Bergantiños, A. Ambiental Senda Nova, etc. O Concello de Carballo subvenciona deste xeito os programas de actividades desenvolvidos ao longo do ano 2019 e a organización das cabalgatas de Reis. Só foi rexeitada unha das trinta solicitudes recibidas por non acadar a puntuación mínima establecida.

Ademais das subvencións a entidades culturais, fóra da orde do día tamén foron aprobados os convenios coa Asociación de profesionais da dirección e a realización de Galicia (CREA) e a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) para o Festival Carballo Interplay, que se celebrará este mes.

ADXUDICACIÓN DE OBRAS. Na Xunta de Goberno Local adxudicáronse varias obras e subministros. Dentro do proxecto Cicl-Ando Carballo, levarase a cabo unha mellora do carril bici das rúas Poñente, Fábrica e Avenida de Malpica. A maiores, procederase coa ampliación da rede de abastecemento aos núcleos de Serantes (Oza) e Xoane (Goiáns). En materia de contratación, ademais, declarouse deserto o procedemento de contratación das obras de reurbanización da rúa Tarragona e abriuse un novo expediente de contratación por importe de 65.200,11 euros.

OUTRO ASUNTO. Ademais, aprobouse a modificación dos contratos do servizo de limpeza dos colexios e escolas de infantil e primaria en aplicación do protocolo de medidas de prevención da covid-19, o que suporá un incremento do custo de 8.938,97 euros ao mes, e que inclúe o compromiso por parte do Concello de Carballo do seu mantemento todo o tempo que sexa necesario.

10 nov 2020 / 20:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.