Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Áreas fluviais libres de maleza e máis accesibles para os peóns na Laracha

A Laracha. Todos os anos por estas datas o Concello acomete actuacións de acondicionamento dos entornos fluviais que levan a cabo as brigadas medioambientais municipais. Os labores consisten, esencialmente, na eliminación da maleza nas inmediacións do río para facilitar o tránsito a pé e a limpeza integral do lixo e da materia vexetal. Faise cos obxectivos fundamentais de poñer en valor estas áreas de especial riqueza natural e paisaxística da zona interior da Laracha.

As cuadrillas municipais nestes momentos están centrando as súas actuacións no río Anllóns ao longo do paseo fluvial, desde Gabenlle ata o Formigueiro. Nese lugar mantiveron un encontro co alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, que se desprazaron para interesarse polos traballos que se están a realizar. A continuación levarán a cabo intervencións de similares características noutros puntos do Anllóns, nos seus afluentes e tamén nos ríos Vilán, Acheiro e Bradoso.

O persoal das brigadas medioambientais municipais foi contratado en colaboración coa Deputación da Coruña no marco do programa de integración laboral PEL-Concellos Reactiva 2021. Por tanto, estase alcanzando o dobre obxectivo de realizar actuacións de interese xeral para a veciñanza e, ao mesmo tempo, crear postos de traballo.

O patrimonio natural que conforman as concas dos ríos laracheses son lugares que destacan pola súa beleza paisaxística e biodiversidade e que en, moitos casos, son descoñecidos mesmo polas persoas residentes nas proximidades desas zona. Desde o Concello da Laracha animan aos veciños “a descubrir estes entornos que ofrecen os ríos e que, coas intervencións municipais que se están levando a cabo nestes momentos, son de cómodo acceso a pé”.

17 may 2021 / 16:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.