Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arte con area na praia de Malpica

A Praia de Area Maior de Malpica acolleu este venres o XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area, no que nenos e outros non tanto, amosaron a súa creatividade e bo facer.

Na categoría infantil de barcanas, a obra gañadora foi Excursión polo mar, do grupo número 1. O trofeo aos seus autores foi entregado pola presidenta de Amas de Casa de Malpica, Carmen Trigo. Nuria Loureiro, en representación das atadoras Mar da Illa, entregoulle o Premio Especial á Mellor Barcana ao grupo 12 pola súa obra A Barca dos Malpicáns. Pola súa banda, A Fortaleza Fantástica recibiu o Premio Especial do Público. Neste caso foi o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o encargado de entregar o trofeo.

Na categoría amateur, o terceiro premio foi para os membros do grupo 3 polo Libro máxico. O concelleiro de Obras, Miguel Fernández, agasallounos cun trofeo feito polos oleiros de Buño e un vale de 50 €. O Futbolín do grupo número 7 recibíu o segundo premio, que lles foi entregado pola concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro. Leváronse trofeo e un vale de 70 euros.

E o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, fixo entrega do primeiro premio ao grupo 15 pola obra Sáhara Hipopótamos. Neste caso levaron trofeo en vale de 130 €, para trocar nos comercios do Concello de Malpica.

26 ago 2022 / 19:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.