Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axober conta con Gonzalo Bernardos na Work Party

Carballo. A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños adapta a Axober Work Party á situación sanitaria propoñendo unha xuntanza online na que o tema de debate será A economía das empresas despois da covid.

O ponente convidado este ano será Gonzalo Bernardos, profesor titular de Economía da Universidade de Barcelona, analista e consultor económico e inmobiliario. Falará da situación económica actual e das previsións a curto e medio prazo, dos Fondos de Reuperación Europeos e da saída dos Ertes para empresas que non serán viables despois da pandemia.

O encontro, co que colabora o Concello de Carballo, celebrarase o venres 5 de novembro a partir das 19.00 horas. Participarán tamén o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Promoción Económica e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o presidente de Axober, Isidro Varela. O xornalista Luis Fraga exercerá como moderador do acto. A emisión realizarase simultaneamente a través da páxina de Facebook e da canle de YouTube da asociación. O público poderá realizar os seus comentarios en directo ou ben envialos previamente a información@axober.org. M. LAVANDEIRA

26 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.