Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cabana apoia a conciliación familiar en Semana Santa cunha nova edición do Meniñeiro

Haberá actividades para os nenos e nenas do 29 ao 31 de marzo // O prazo para presentar solicitudes conclúe o próximo luns

Cabana. O Concello de Cabana abriu o prazo de inscrición no programa Meniñeiro de Semana Santa que ten como principal obxectivo favorecer a conciliación familiar. A actividade está destinada á rapazada de entre 3 e 12 anos e desenvolverase en horario de mañá os días 29, 30 e 31 de marzo na Casa da Cultura. Os nenos e nenas aprenderán tratando a temática da igualdade de xénero con traballos manuais, xogos deportivos e actividades no exterior –se a climatoloxía o permite–.

As persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes na casa consistorial ata o vindeiro 22 de marzo. Deberán aportar unha fotocopia do DNI da nai, pai, titora ou titora legal e documentación acreditativa da necesidade de conciliación. As prazas estarán limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

O alcalde de Cabana, José Muíño, destacou a importancia do “Meniñeiro para moitas familias do municipio que teñen complicacións para conciliar os seus traballos cos períodos nos que os seus fillos non teñen colexio”. Dende o executivo municipal son conscientes da boa acollida da iniciativa entre a veciñanza e pretenden seguir traballando nesa liña.

Esta iniciativa, que se puxo en marcha no verán de 2007, retómase tras a súa cancelación o ano pasado a consecuencia da pandemia.

O proxecto conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade e da Unión Europea.

17 mar 2021 / 20:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.