Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo celebrará todo un ano de homenaxe ó Xestal

Bergantiños. Carballo celebra neste 2023 o Ano do Xestal, na lembranza dun gran folclorista e humorista que foi unha auténtica referencia para varias xeracións de galegos, e que residiu entre a veciñanza bergantiñá máis de vinte años, ata o seu pasamento o 4 de xaneiro do pasado ano 1993. Precisamente, arredor desta data vanse celebrar as primeiras actividades programadas pola comisión organizadora do Ano do Xestal coa colaboración de varias entidades e persoas a título individual.

Por iniciativa da parroquia de San Xoán Bautista, este martes ás 20.30 horas celebrarase na igrexa de Carballo unha misa cantada polo Coro Aires de Bergantiños, do que O Xestal foi membro fundador. A comisión organizadora do Ano do Xestal, pola súa banda, ten programada para o propio día 4, coincidindo co 30º aniversario do pasamento de Carlos Díaz Gestal, unha ofrenda floral na súa tumba, no cemiterio parroquial de Razo. No acto, aberto a toda a cidadanía, participarán o profesor, escritor, músico e dinamizador cultural Xurxo Souto; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a Banda Municipal de Gaitas.

Carlos Díaz Gestal, O Xestal, naceu na Coruña o 8 de agosto de 1933. O seu descubrimento artístico tería lugar na romaría de Santa Margarida en 1949, e iniciou a súa gran carreira musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas. O.D. Vilar

02 ene 2023 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.