Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo habilita axudas para facer fronte ao pago das facturas da luz

Poderán solicitalas os beneficiarios do bono social ou persoas que precisen determinados tratamentos

O departamento de Benestar do Concello de Carballo convocará unha liña de axudas para que as familias que máis o precisen poidan facer fronte ao pago das súas facturas da luz. Dende o goberno local, ante o incremento continuado do recibo, entenden que “o acceso á electricidade é unha necesidade básica e para evitar a existencia de pobreza enerxética no noso concello habilitamos estas axudas”.

Poderán acceder ás mesmas as persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que cumpran algún dos seguintes requisitos: ser beneficiario do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade; recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, osixenoterapia domiciliaria ou tratamento de diálise peritoneal domiciliaria.

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun pago único. A Concellaría de Igualdade e Benestar destina a esta liña de axudas, nesta primeira convocatoria, un máximo de 60.000 euros. As bases da convocatoria foron aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local. O prazo de solicitude abrirase a partir da publicación correspondente nos boletíns oficiais.

25 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.