Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo impulsa o plan para previr inundacións

Bergantiños. No camiño cara a redución do risco de inundación no río Anllóns, a corporación carballesa aprobou os trámites para iniciar o proceso de expropiación dun total de 5.387 metros cadrados de terreo na zona do San Martiño, onde está prevista a construción de motas de protección fronte ás avenidas. Esta acción forma parte dos compromisos adquiridos polo Concello de Carballo no convenio de colaboración con Augas de Galicia, dentro do cal a Administración local comprométese a poñer os terreos necesarios a disposición do organismo autonómico e este asume o compromiso de execución das obras necesarias. Nesa mesma liña tamén foi aprobado recentemente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención de 280,15 metros cadrados de terreo que permitirán aumentar a canle do río Anllóns ao seu paso pola ponte da Casilla ou de Isabel II. As actuacións previstas no convenio, que serán co-financiadas nun 80% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), inclúen a demolición dunha edificación, a reforma da ponte e a creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a reforma integral do parque do San Martiño e da ponte da Casilla, da canle e motas de contención augas abaixo da ponte, e a mellora hidráulica do Anllóns ao seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552, na Cepeira (Sísamo). M. L.

01 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.