Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo investirá 3,4 millóns de euros do remanente en obras e servizos

A posibilidade de que os concellos dispoñan do remanente de tesourería para gastos xerais, grazas á suspensión das regras fiscais para o período 2020-21 por parte do Goberno do Estado, permitirá ao Concello de Carballo realizar un primeiro investimento de 3.411.416,10 euros en obras e servizos. A modificación orzamentaria que o fará posible será aprobada o vindeiro martes 24 nun pleno extraordinario.

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Contratación, Milagros Lantes, deron a coñecer a relación de actuacións previstas, que deben estar rematadas a 31 de decembro do ano 2021. Con este novo escenario poderán atenderse boa parte delas e quedarán liberados outros recursos, como o POS+, que suporá 1,7 millóns, ou os propios fondos municipais, para outras actuacións.

A relación de proxectos que prevén acometer coa devandita partida inclúe as reurbanizacións das rúa Pontevedra, Ourense e Baños Vellos; accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra; seguridade no polígono industrial de Bértoa; redes de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa, e en Cambre de Lema e Cambrelle-Razo; ampliación do cemiterio municipal; reforma do Pazo da Cultura; reforma do centro social do barrio da Milagrosa; substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo Carballo Calero; reforma do mercado; reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil; e a achega municipal para o proxecto europeo “Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos”.

O Concello de Carballo ten nestes momentos un remanente de tesourería para gastos xerais de 9.336.000 euros.

21 nov 2020 / 20:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.