Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo pecha o 2020 con 58 novos locais de negocios

Nos últimos dez anos, o número de solicitudes de inicio de actividades empresarias é de 751 // Nese tempo, tramitáronse 112 licenzas para a construción de naves no polígono de Bértoa

Carballo. A pesar da crise sanitaria e económica do 2020, o Concello carballés mantén o bo nivel emprendedor dos últimos anos. En concreto, a Oficina Técnica Municipal tramitou un total de 58 comunicacións previas de inicio de actividade empresarial, 17 delas no último trimestre. Os novos establecementos pertencen a diversos sectores: ferretaría, hospedaxe, téxtil, venda online, márketing ou tecnoloxías da información e a comunicación, inmobiliaria, despachos profesionais, coworking, alimentación, fontanería, produtos de macramé ou unha explotación agrícola de produtos naturais, entre moitos outros, aínda que os máis numerosos son os relacionados coa hostalaría e a beleza.

Carballo continúa a ser un concello moi dinámico a nivel empresarial e comercial. Nos últimos 10 anos, dende que as antigas licenzas de actividades inocuas e molestas foron substituídas por actividades sometidas ou non a avaliación ambiental (2011 e 2012) ou polas actuais comunicacións previas de inicio de actividade (vixentes dende o 2013), a Oficina Técnica Municipal tramitou 751 solicitudes para a posta en marcha de todo tipo de establecementos. Esta cifra non inclúe as actividades que se desenvolven en domicilios, que non requiren o acondicionamento dun local.

No mesmo periodo de tempo tamén se tramitaron 112 licenzas para a construción de naves no polígono industrial de Bértoa, 10 delas o ano pasado.

13 ene 2021 / 12:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.