Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo terá representación en tres categorías dos Mestre Mateo 2021

“Dorothé na vila” opta a mellor documental, Amnesia 3.0. e Xan son finalistas a mellor serie web e Sergio Moure por “A galiña Turuleca” aspira a mellor música orixinal // Os galardóns entregaranse o 10 de abril

Carballo. A Academia Galega do Audiovisual publicou nos últimos días o mapa de nominacións aos Premios Mestre Mateo 2021, onde figuran persoas ou proxectos nados en Carballo.

Deste xeito, entre os finalistas a mellor documental figura “Dorothé na vila”, unha película do carballés Alejandro Gándara Porteiro e da roisense Olaia Tubío Rei, que ademais son usuarios do Coworking Carballo, sobre a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do “Cancioneiro popular galego”. O filme é coproducido pola Deputación da Coruña, e tamén está nominado na categoría de mellor montaxe polo traballo feito por Lucía Estévez.

Por outra parte, entre as catro finalistas a mellor serie web atópanse as dúas series gañadoras do premio á produción de serie en lingua galega da última edición do Carballo Interplay: Amnesia 3.0 (capítulos 1-3), primeira webserie interactiva en galego, producida polo CIP e Produtora Absurda, e Xan (capítulos 1-3), de Lucía Estévez e Miguel Canalejo.

A representación carballesa péchase co compositor internacional, Sergio Moure de Oteyza, que nesta ocasión aspira ao Mestre Mateo na categoría de mellor música orixinal por “A galiña Turuleca”.

A gala de entrega de premios celebrarase o vindeiro 10 de abril e será emitida por streaming. Dende o goberno local transmítenlle aos participantes os seus parabéns e mellores desexos.

15 mar 2021 / 10:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.