Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo terá un centro de maiores máis ecolóxico e eficiente

BERGANTIÑOS. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou á residencia de maiores de Carballo, na que a Xunta investirá preto de 300.000 euros nas obras de acondicionamento das instalacións. A previsión é que os trámites previos ao inicio dos traballos, que saen este venres a licitación, estean listos para o verán. Asegurou que o obxectivo principal “é mellorar a calidade de vida das persoas maiores usuarias do centro”. Para iso, entre outros aspectos, procederase a cambiar parte das fiestras do centro, mudar as caldeiras de calefacción por bombas de calor, adecuar a cuberta do edificio e colocar placas solares parar xerar enerxía ecolóxica e rendible.

Coa paulatina volta á normalidade e as visitas e saídas das residencias cada vez máis habituais, a Xunta de Galicia, despois duns meses nos que a única prioridade foi conservar a saúde dos usuarios, considera que é o momento de mellorar a calidade de vida das persoas maiores que neste ano viron as súas rutinas sometidas a grandes limitacións e estritas medidas de precaución.

Fabiola García, que estivo acompañada polo alcalde, Evencio Ferrero, aproveitou o acto para poñer en valor a “xenerosidade e valentía amosada polos nosos maiores nuns meses tan duros”. Quixo, así mesmo, salientar e agradecer ao persoal a súa profesionalidade e o estrito cumprimento do protocolo en centros como o de Carballo, que non rexistrou ningún contaxio durante a pandemia.

21 may 2021 / 18:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.