Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo xa expide os novos DNI 4.0

BERGANTIÑOS. Ás 13:00 horas de este martes expedíronse os primeiros DNI 4.0 na Unidade de Estranxeiría e Documentación que ten a Policía Nacional en Carballo. A oficina carballesa foi unha das primeiras da provincia en expedir o novo documento de identidade, que polo momento ten as mesmas utilidades que o anterior pero que nun futuro inmediato permitirá levar o carné no teléfono móbil e acreditar a identidade ou asinar electronicamente dende calquera dispositivo móbil.

Todos os países membros da Unión Europea deben aplicar antes do 2 de agosto as medidas de reforzo da seguridade dos documentos de identidade que xa inclúe este DNI 4.0. Tamén incorpora un novo deseño, cuxos principais cambios son a aparición da bandeira da UE coas siglas do país e a posibilidade de utilizar outros idiomas, como o galego. O alcalde, Evencio Ferrero, achegouse á oficina para coñecer o novo documento, que recibirán todos os que acudan a renovar o DNI. M. L.

29 jun 2021 / 18:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.