Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Case seiscentas casas do medio rural de Carballo realizan a compostaxe

Habilitouse un punto de acopio de material para facilitar o labor a familias sen recursos

Carballo. O Concello carballés segue apostando pola compostaxe como a fórmula máis axeitada para a xestión dos residuos orgánicos, tanto a través da iniciativa Ti tes a chave, que se desenvolve na zona urbana con 1.376 participantes, polo momento, entre familias e empresas; coma do programa de compostaxe doméstica, que, ademais de contribuír á redución do lixo, facilita ás familias da zona rural a utilización dun abono de calidade nas hortas domésticas. Nestes momentos, tras a entrega de 25 novos composteiros realizada esta semana, contan xa con 567 familias compostando na zona rural.

Pero queren que sexan aínda máis, e por iso seguen recollendo solicitudes para un próximo reparto. As persoas interesadas só teñen que cubrir un impreso e presentalo no Rexistro Municipal (con cita previa no 981 704 100) ou no telemático, ao que se accede a través da Sede Electrónica de www.carballo.gal. O único requisito é dispoñer dunha parcela de 50 metros cadrados como mínimo.

O Concello non só facilita os composteiros de balde ás familias interesadas, senón que tamén lles entrega un aireador e unha malla para toupas, e asemade un programa de formación e seguimento personalizado. Ademais, dende mediados de decembro está a disposición dos usuarios do programa un punto de acopio de material estruturante ao que poden acudir libremente e de balde co obxectivo de facilitar a compostaxe a familias que carecen de recursos. M. L.

21 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.