Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega a Coristanco o espectáculo “O que levamos nas maletas” de Magín Blanco

Os nenos e nenas poderán disfrutar da súa actuación o venres 16 de outubro ás 17.00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples

Coristanco. A vindeira proposta cultural no municipio de Coristanco terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples. O vindeiro venres 16 de outubro ás 17.00 horas será o turno da actuación de Magín Blanco coa súa proposta-espectáculo “O que levamos nas maletas”. Trátase dun contacontos musicado que axudará ao nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.

Esta actuación é froito da participación da Biblioteca en Ler Conta Moito, programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo, actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

12 oct 2020 / 11:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.