Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ciclo formativo en Coristanco para fomentar a produción de horta ecolóxica

Impartirase no centro de San Paio o día 22 e está dirixido á mocidade e profesionais

Coristanco. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organizará en Coristanco un curso de formación sobre horta ecolóxica. O obradoiro celebrarase no Centro de San Paio o vindeiro martes, 22 de novembro, en horario de mañá e tarde (de 9.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.00 horas).

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios sobre o novo regulamento de produción ecolóxica, no relativo aos conceptos de material heteroxéneo de reprodución vexetal e de grupo de operadores. Ademais, analizaranse tamén as sementes de produción ecolóxica e como xestionar a resistencia de pragas e enfermidades que afectan a este tipo de cultivos. Tamén realizarán prácticas de campo nunha explotación ecolóxica da zona.

Este curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.

Nesa ligazón pódese facer tamén a pre-inscrición. Para consultas pódese chamar ao número de teléfono 981 540 252, ou enviarse un correo a ramon.jesus.lamelo.otero@ xunta.gal. M. LAVANDEIRA

16 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.