Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ciclo teatral no Ecomuseo do Forno do Forte de Buño para o verán

Malpica acolle unha nova concentración de motos antigas, de máis de trinta e cinco anos

Malpica. O Ecomuseo do Forno do Forte de Buño converteuse en escenario teatral para acoller un ciclo de espectáculos programados pola concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica.

As representacións comezaron este sábado, día 9, e terán continuidade ata o 20 de agosto. A primeira das funcións foi Saaabor!, un espectáculo cómico de Culturactiva que mestura música, maxia, humor, ritmo e a participación do público, arredor do mundo da gastronomía. Dous recoñecidos chefs, aos que dan vida Félix Rodríguez e Fran Rei, fixeron rir durante un bo anaco a todos os nenos e nenas que se deron cita no ecomuseo, e tamén aos seus acompañantes.

Entre as citas do verán en Malpica destaca tamén a tradicional Concentración de Motos Antigas, que este domingo, día 10, celebrará a súa catorce edición. Organizada polos Amig@s das motos clásicas de Bergantiños, coa colaboración da concellería de Turismo e Festexos, os motoristas farán rodar as súas prezadas motos clásicas de máis de 35 anos por varios concellos da comarca de Bergantiños.

En Malpica, os amantes das dúas rodas visitarán enclaves turísticos como a praia de As Torradas, os muíños de Ardelerio e o miradoiro de Santo Hadrián, entre outros. Posteriormente, en torno ás doce do mediodía, desfilarán polo centro de Malpica ata o porto onde permanecerán ata as 13.00 horas. Dende alí marcharán para Carballo para xantar no pavillón. M. L.

10 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.