Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A súa responsable será Eva Cameán, quen ata o momento traballaba como libreira en Punto e Coma // Abrirá as súas portas o próximo luns con pequenas novidades

Clarión Librería, un proxecto a punto de emerxer en Carballo

A libraría Punto e Coma puxo fin nos últimos días a case catro anos de actividade na céntrica rúa Valle Inclán de Carballo. Unha das traballadoras era Eva Cameán que agora afronta un novo reto persoal pasando a ser a responsable dun novo proxecto no mesmo local que recibe o nome de Clarión Librería.

Eva, Técnica en Integración Social, comezou a traballar en Punto e Coma coincidindo coa súa apertura en Carballo a finais do 2017. “Encántanme os libros e sempre me levou idea leer pero non tiña experiencia no sector”, comenta.

Punto e Coma, que con anterioridade xa funcionaba en Ourense, inclué librería e traballos de creación nos que se fabrican produtos galegos como crebacabezas de Rosalía de Castro. Os seus ex xefes eran de fóra de Galicia e ela foi elexida encargada para o establecemento na capital bergantiñá. “Tocou ir aprendendo a base do que te vas atopando día a día e finalmente descubrín que me gustaba máis do que me podía imaxinar nun principio”, afirma. As distancias dificultaban a xestión do negocio que finalmente delegaba en Eva e na súa compañeira, e economicamente tampouco resultaba viable. “Chegouse á conclusión de que a mellor maneira era levalo dende aquí con xente do pobo, e non dun forma tan deslocalizada”, apunta.

Agora Eva vai un paso máis alá e asume con forza o nacemento de Clarión Librería. “Veume un pouco imposto ante a inviabilidade de seguir así”, di. Nun primeiro momento plantexábanse tres opcións: ou se facía ela cargo do negocio, ou o collía outra persoa que lle poidera interesar e que non coñecerían, ou ben se liquidaba todo o material co posterior peche. “Despois de meditalo durante varias semanas vin que era o momento de lanzarse”, sostén.

Clarión é unha palabra asturiana que da nome a un blog que ten Eva en lingua asturiana. Como era un proxecto persoal que lle facía moita ilusión decidiu trasladalo á librería. “É un nome que significa moito para min”, confesa.

A súa situación física ao lado da Casa Consistorial e nunha rúa semipeatonal é un punto a favor para o seu bo funcionamento. Ademais, conta cun espaparate moi vistoso. “Nel temos carteis nos que se informa da apertura o día 29 e eu que estou dentro traballando a porta pechada vexo moita xente que se para a leelos”, afirma.

UN NOVO RINCÓN ESPECIAL. Tras unha semana pechado para facer os cambios oportunos, Clarión Librería abrirá as súas portas o vindeiro luns. “A librería é un espazo bonito e moi coidado e a filosofía vai seguir sendo a mesma”, apunta. A nivel físico apreciaranse moi poucos cambios. O tema dos libros seguirá igual, con pequenos axustes na súa distribución xa que “fun eu a que con anterioridade os coloquei como a min me gustaba”. Si haberá algúns produtos que retirará ben porque non lle gustaban tanto ou porque non lles vía salida. Outros novos ocuparán o seu lugar. “A gran novidade será un ricón friki con elementos de películas de sagas como Harry Potter ou El Señor de los Anillos”, conta.

ESPAZO DE DINAMIZACIÓN CULTURAL. De cara a un futuro próximo espera que todo siga como ata agora, no que se refire ao nivel de vendas. Tamén desexa que a libraría volva a ser un espazo de dinamización cultural, tal e como era meses atrás Punto e Coma. “Agora co tema da pandemia estabamos máis parados pero si é verdade que aquí se realizaban moitas presentacións de libros, talleres para nenos, obradoiros e contacontos”, recorda. O seu desexo está en recuperar todas estas actividades e que Clarión Librería sexa un lugar de encontro para os carballeses e carballesas.

24 mar 2021 / 19:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.