Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comeza a formación práctica para o alumnado do obradoiro de emprego larachés

A especialidade de conservación e mellora de montes traballa na parcela municipal xunto ao museo de Golmar // Os alumnos/as de carpintería e moble iniciaron traballos no taller

A Laracha. Tras completarse o primeiro mes e medio de actividade centrada na formación teórica no Obradoiro de Emprego A Laracha VI, o alumnado pasa a adentrarse na fase práctica consistente no desenvolvemento das primeiras actuacións sobre o terreo e no taller.

Este luns a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes comezou os traballos de acondicionamento dunha ampla parcela municipal situada xunto o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. O rexedor, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López, desprazáronse ata ese lugar para manter un encontro tanto co alumnado como coa directora e o mestre e así coñecer de primeira man as actuacións que se están a levar a cabo. Posteriormente outras das intervencións que realizarán centraranse na zona verde situada nas inmediacións do parque empresarial e a área recreativa de Gabenlle, nos que poñerán en valor os espazos públicos repoboándoas de árbores e vexetación autóctona e dotándoas con mobiliario urbano co propósito de mellorar as súas condicións para promover o seu uso e disfrute por parte da cidadanía.

Ao mesmo tempo, a especialidade de carpintería e moble tamén comezou a aprendizaxe práctica no taller habilitado polo Concello nun dos edificios municipais do parque empresarial. Os proxectos que executarán son: a mellora do paseo fluvial do Anllóns, a renovación do mobiliario urbano e a creación dun novo peche perimetral da parcela do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

CLAVES DO PROGRAMA DE FORMACIÓN E EMPREGO. Un total de vinte e cinco persoas forman parte deste programa dual de formación e emprego. Vinte son os alumnos traballadores –dez en cada especialidade- e outras cinco persoas forman o equipo directivo, formativo e administrativo composto por unha directora, un mestre para cada especialidade, un mestre/titor e un auxiliar administrativo.

Os vinte alumnos traballadores, vinculados ao Concello cun contrato de formación, ademais de acceder a unha remuneración económica durante os nove meses de duración do Obradoiro de Emprego recibirán ao remate do mesmo un certificado de profesionalidade que acreditará a súa formación, cualificación e competencia para exercer a profesión.

23 feb 2021 / 10:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.