Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comeza a última fase da dragaxe do porto laxense

LAXE. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de dar inicio á segunda fase das obras de dragaxe do porto de Laxe. Trátase dunha nova campaña que prevé rematar definitivamente esta actuación de recuperación do calado no interior da dársena coa eliminación da zona rochosa do fondo mariño e os problemas de operatividade producidos pola onda longa. As obras comezaron coa retirada, mediante barco, dos fondeos na zona na que se realizarán os traballos nas vindeiras semanas.

As previsións de Portos de Galicia establecen que a continuación e ata final de mes se procederá á montaxe das pontonas. A partir da primeira semana de maio poderán iniciarse as perforacións das zonas rochosas. Esta actuación completa as obras de dragaxe do porto de Laxe “dando resposta a unha demanda histórica da confraría de pescadores da localidade e o sector”, afirman. Os traballos realizados consisten na extracción de áridos e rocha do fondo mariño para a recuperación de calado no porto.

A dragaxe realizarase principalmente á cota -5, excepto nunha franxa próxima ao peirao da lonxa que se realizará á cota -3. O ente público inviste máis de tres millóns de euros nesta actuación que ten prevista a fin de obra nos vindeiros meses.

20 abr 2021 / 19:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.