Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comezaron as obras do centro social interxeracional de Coristanco

Bergantiños. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, supervisaron o inicio das obras do novo centro social interxeracional, que conta cunha achega do Goberno galego de 120.000 euros, que está repartida en dúas anualidades: 2020 e 2021. O Concello é o encargado de executar as obras de remodelación do inmoble, situado na área recreativa da Rocheira, e ademais xestionará o centro. Trenor destacou a vontade do Concello de que sexa de carácter interxeracional, polo que poderá albergar recursos e actividades, non só para os maiores, senón tamén para as mozas e mozos.

O edificio de 447,65m2 conta con dúas zonas, unha delas dedicarase integramente a actividades para os maiores aproveitando ademais a propia localización do centro nunha zona verde. O mesmo ocorre coa área destinada á xuventude, que será un valor engadido para as instalacións, xa que contan moi preto cunha piscina e o campo de fútbol.

O delegado da Xunta subliñou a importancia da colaboración entre as administracións locais e a autonómica, que está permitindo a extensión de recursos, tanto para as nenas e nenos como para os maiores, por toda a xeografía galega, especialmente nos concellos do rural.

04 mar 2021 / 16:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.