Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Conciliación na praia de Caión

A Laracha. Os usuarios da praia de Caión poderán beneficiarse neste verán do Plan Corresponsables a través do que a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) oferta actividades de animación socio deportiva co obxectivo de contribuír á conciliación das familias.

A iniciativa é impulsada pola Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte co apoio das diferentes federacións deportivas, entre elas a FESSGA. No caso da praia de Caión, as actividades realizaranse ata o 15 de setembro. Os luns, martes e venres o horario será de 10.00 a 19.30 horas. Os martes e os xoves, soamente en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas.

Poderán participar rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. As inscricións son gratuítas e deben formalizarse cubrindo o formulario dispoñible na web https://fessga.es/, no apartado Plan Corresponsables e, dentro del, seleccionando Grupo Caión. Terán prioridade de acceso as familias monoparentais, vítimas da violencia de xénero, mulleres en situación de desemprego de longa duración e mulleres maiores de 45 anos de idade.

06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.