Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concluída a mellora do pavimento da rúa Ramón Cabanillas da Laracha

Aplicouse unha capa de aglomerado asfáltico en quente // Tamén se actuou sobre a rede de recollida de augas pluviais

A Laracha. O Concello da Laracha está a realizar un esforzo para manter en bo estado a rede viaria co propósito de facilitar as comunicacións entre os núcleos de poboación do termo municipal, aumentar a comodidade na circulación e reforzar a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

Nos últimos días realizouse unha intervención destas características na rúa Ramón Cabanillas (antiga 3ª travesía López Astray) do casco urbano da Laracha. Incluíu a renovación do firme nos seus 134 metros de lonxitude ao longo dos que presenta unha anchura media de 5,5 metros. Por tanto, o ámbito da actuación, consistente na aplicación dunha capa de aglomerado asfáltico en quente, alcanzou os 737 metros cadrados. O proxecto tamén contemplou a mellora da rede de recollida de augas pluviais.

As obras están finalizadas polo que a estrada xa está aberta á circulación.

13 nov 2020 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.