Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Cine, teatro e xogos son as propostas do Concello // Os Reis Magos van recorrer as trece parroquias // Está en marcha o certame virtual de panxoliñas María Angeriz Tuset TEXTO M. L.

Concursos e actividades para familias na Laracha

O Concello da Laracha deseñou un programa de actividades centrado en propostas culturais e de ocio especialmente dirixidas ao público infantil e familiar.

Unha programación que arrincou co tradicional festival de teatro infantil, que se desenvolveu en horario lectivo, dirixido ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión. Do 17 ao 21 deste mes, os nenos e nenas pasaron pola Casa da Cultura larachesa para presenciar a obra Os tres porquiños, de Educa Teatro.

Para o que resta de ano, o Concello programou unha tarde de cine no centro sociocultural de Paiosaco o vindeiro día 27, ás 17.30 horas. Os asistente poderán desfrutar da película Donkey Xote. Ao día seguinte, Trémota Teatro representará a obra infantil Valente e rebelde na casa da cultura da Laracha á mesma hora. Os máis pequenos volverán a ter unha nova cita o día 29 en Paiosaco, onde poderán gozar do espectáculo de sombras Alén, a cargo da Asociación Teatral Paso de Valverde. Será tamén ás cinco e media.

Para rematar o ano, o cento comunitario de Caión acollería o día 30 unha sesión de xogos populares baixo o título Os xogos do Paporrubio (17.30 horas). E o ano 2022 comezará na Laracha con dúas tardes de cine. A primeira será o día 3 de xaneiro, ás 17.30 horas, na casa da cultura da capital municipal, onde se proxectará a película Dumbo. Ao día seguinte será o turno de Nocturna, unha aventura máxica, neste caso co centro da vila mariñeira de Caión.

Unhas sesións das que os nenos e nenas poderán desfrutar mentres esperan a chegada dos Reis Magos, prevista para os días 4 e 5 de xaneiro. Súas Maxestades realizarán un pecorrido nas súas carrozas polas rúas das trece parroquias. Debido á situación sanitaria actual, e do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, non se poderá celebrar a habitual festal infantil que organizaba o Concello na véspera de Reis no pavillón do instituto larachés.

A programación navideña chegará ao seu fin o día 8 de xaneiro cunha sesión de autocine para adultos. A cita é na Praza Olonne sur Mer da Laracha, ás 21.30 horas, e a película elexida é Joker.

Paralelamente aos diversos actos, o Concello organiza polo Nadal varios concursos. Un deles é o Certame de Panxoliñas María Angeriz Tuste, que este ano se desenvolve de xeito virtual nas redes sociais. Participan asociacións culturais, coros parroquias e grupos do municipio. Os seus vídeo serán subidos á paxina de Facebook do Concello o día 23 e os usuarios da rede social poderán votar polos seus favoritos ata o día 3 de xaneiro. Cada entidade participante ten garantida unha gratificación de 200 euros, e os tres vídeos con máis “gústame” gañarán 400, 300, e 200 euros, respectivamente. Ademais está en marcha a 26 edición do Concurso de Escaparates.

22 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.