Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Constrúen unha fosa séptica para dar servizo ás instalacións públicas de Balarés

Está financiada pola Deputación da Coruña // Ten unha capacidade de 15.000 litros

Os membros do goberno de Ponteceso, que preside Lois García, visitaron Balarés, onde a Deputación acaba de adxudicar a instalación dunha fosa séptica que vai mellorar a xestión dos residuos da cafetería, dos baños públicos e da base de socorrismo. Xa se está construíndo, conta con todas as certificacións ambientais e ten unha capacidade de 15.000 litros e dous depósitos cun sistema de filtrado especial.

Tamén visitaron o Couto, onde, co apoio do Concello, a Fundación Eduardo Pondal está realizando un importante traballo no espazo Educar. Grazas á colaboración da Xunta de Galicia, unha serie de voluntarios están levando a cabo unha serie de actividades para os nenos e nenas. A Administración local colabora coa desinfección e coa calefacción para que os pequenos estean confortables.

“A pesar da retirada das dedicacións ás concelleiras e da renuncia do alcalde no mes de agosto a percibir ningún soldo do Concello, o goberno encara o ano 2021 con gran ilusión por traballar para as veciñas e veciños de Ponteceso, con máis ilusión que nunca por levar a cabo os proxectos e mellorar a vida da veciñanza”, afirma García Carballido.

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.