Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contratación de proxectos na Laracha por valor de 235.000 euros

Están centrados na mellora da rede de saneamento e de estradas do termo municipal

A Laracha. O Concello larachés informou de que esta semana sacaría a contratación dunha serie de proxectos dirixidos á mellora da rede de saneamento de residuais e de estradas municipais situadas en zonas rurais. Ambos están valorados en 235.000 euros.

Según informou o goberno municipal, na parroquia de Caión realizarase unha intervención en Xermaña coa finalidade de mellorar tanto a rede de saneamento de residuais coa instalación dun bombeo como a superficie de rodadura en dous camiños públicos.

O resto das obras centraranse exclusivamente na mellora da rede viaria, con actuacións proxectadas nas parroquias de Caboviaño, Soandres, Vilaño, Montemaior, Lendo e Coiro.

As empresas interesadas en participar nos procedementos poderán presentar as súas ofertas unha vez estean publicados os pregos na Plataforma de Contratación del Sector Público. A execución dos proxectos será cofinanciada pola Deputación da Coruña ao estar incluídos no programa POS+.

24 feb 2021 / 18:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.