Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contratan un servizo estable para manter a rede viaria de Carballo

Investirán cinco millóns na conservación dos firmes, a sinalización e a roza ata o ano 2024

Carballo. A Xunta de Goberno Local de Carballo vén de adxudicar os primeiros contratos para contar cun servizo integral de mantemento da rede viaria municipal, que se articulará arredor de tres grandes áreas de actuación: conservación e reparación de vías, sinalización e roza.

A estabilidade do servizo garantirase mediante contratos de ata cinco anos de duración con empresas especializadas, “o que permitirá atender coa maior celeridade calquera incidencia relacionada coas rúas, pistas e estradas pavimentadas de titularidade municipal”, sinalan dende o Concello carballés.

A empresa Construcciones López Cao resultou adxudicataria do contrato de servizos de conservación, mantemento e reparación das vías públicas. Terá unha duración máxima de cinco anos (dous de duración inicial máis tres prórrogas anuais) e suporá un investimento de 1.560.108 euros: o 65 % na zona rural e o 34,5 % na urbana.

Pola súa banda, Sacyr Conservación S.A. encargarase da conservación, mantemento, reposición e traballos de sinalización na rede viaria. O investimento neste caso acadará os 291.380 euros e, ao igual que no caso anterior, o contrato será de dous anos prorrogables ata cinco.

O terceiro contrato en marcha é o relativo á roza de vías. Neste caso as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 13 de outubro. Terá unha duración inicial dun ano, prorrogable ata cinco, e o investimento máximo previsto será de 2.999.022,55 euros. M. R. L.

30 sep 2020 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.