Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Convenio para mellorar o subministro de auga potable á veciñanza de Coristanco

A Xunta aportará máis de 765.000 € para renovar o sistema de abastecemento local

Coristanco. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén de asinar co alcalde de Coristanco, Juan García, o convenio de colaboración para a mellora do sistema de abastecemento do municipio coruñés, que suporá un investimento de máis de 765.000 euros.

Augas de Galicia cofinanciará as actuacións nun 80 %, achegando preto de 613.000 euros, ao tempo que asesorará á entidade local na execución dos traballos. O Concello contribuirá ao financiamento do 20 % restante e asumirá a execución das obras para a mellora das instalacións de abastecemento.

Coristanco conta desde 1989 cun sistema de abastecemento que lle dá servizo ao 60 % da poboación. Debido á antigüidade da estación e ao seu uso intensivo, as instalacións presentan deficiencias e precisan adaptar o seu funcionamento para o cumprimento dos estándares actuais. A isto súmase que en febreiro produciuse unha avaría na estrutura do falso chan do sistema de filtración que implica unha perda do 50 % da súa capacidade e un risco elevado de perder o outro 50 % por sobrecarga.

Ante a situación de risco de quedar sen abastecemento municipal, o 17 de febreiro a entidade local declarou a emerxencia das obras de reforma da potabilizadora municipal, ordenando a súa execución no prazo máis breve posible. Así, o acordo que se acaba de asinar dá resposta á solicitude do Concello de apoio na execución das actuacións necesarias para solucionar as deficiencias. M. L.

05 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.