Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Convocado un novo certame de fotografías de ‘A Laracha no obxectivo’

Poderán presentarse imaxes captadas no municipio para resaltar os principais atractivos

A Laracha. O Concello larachés convocou a segunda edición do concurso de fotografía A Laracha no obxectivo, no que se convida a participar a veciños, visitantes, profesionais da fotografía e afeccionados de todas as idades.

A través deste certame preténdese recoller imaxes de calquera lugar do termo municipal para destacar os seus atractivos, como poden ser o patrimonio material e inmaterial, as paisaxes, a etnografía rural, as aldeas e as xentes.

O concurso dividirase en dúas modalidades e repartirá un total de 1.500 euros en premios. A categoría xeral ten establecidos un primeiro premio de 600 euros), un segundo de 400 € e un terceiro de 250. Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías, que deben ser inéditas e non estar xa seleccionadas ou premiadas noutro certame ou concurso. É obrigatorio que as imaxes fosen tomadas no termo municipal da Laracha, e que como tal sexan recoñecibles, non admitíndose aquelas que non cumpran este requisito.

As instantáneas deben presentarse en formato dixital (CD ou lapis de memoria) no rexistro do Concello sen ningún tipo de identificación. Teranse en conta para outorgar os premios aspectos como o impacto visual, a calidade técnico-artística e a creatividade.

Na modalidade Redes Sociais hai un único premio de 250 euros para a fotografía que obteña máis “gústames” na páxina de Facebook de Turismo do Concello da Laracha. Neste caso limítase a unha única imaxe por cada participante e poderase enviar en liña. Desde este mércores día 16 e ata o 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar as fotografías en ambas modalidades. A principios de decembro faranse tanto a valoración de todas as imaxes.

15 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.