Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Coregal amplía a recollida de basuras na Laracha

a laracha. Presentouse no Concello de A Laracha a ampliación do servizo de recollida selectiva de residuos do que se encarga Coregal, centro especial de emprego de iniciativa social especializado na xestión integral de residuos. A este acto asistiron o alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), a entidade que promove Coregal, Anxo Queiruga, e a responsable do servizo de Coregal na zona, María Villar. O servizo de recollida de residuos en A Laracha, que dende a súa adxudicación a Coregal no mes de xullo leva recollidas 24 toneladas, presenta como novidade a ampliación de 300 colectores que serán empregados para a recollida de envases lixeiros e para a materia inorgánica. Todos estes colectores contarán cun sistema de xeolocalización que permitirá que, tanto o Concello como Coregal, poidan optimizar as rutas de recollida, as posibles incidencias dos colectores e os lavados. Outra das novidades é a renovación da flota que se encargará da recollida constituída por tres camións con carga traseira, dous deles con capacidade de 8 metros cúbicos e un deles con capacidade de 16 metros cúbicos, ademais dun vehículo multiusos de lavado e mantemento de colectores. Estes catro vehículos foron adquiridos por Coregal en réxime de renting a través de CaixaBank. m. b.

18 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.