Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Coristanco celebrará o próximo domingo a I Andaina Solidaria do municipio

O evento celébrase con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama // A saída será ás 09:30 horas dende a praza do Concello

Coristanco. O vindeiro domingo 18 de outubro, o Concello de Coristanco organiza, en colaboración con AECC, Carrefour Coristanco, Facal Bus S.L. e Autos Fernández, a primeira Andaina Solidaria do Concello.

Este evento celebrase con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama para concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta doenza.

A saída efectuarase ás 09.30 fronte á praza do Concello, e será preciso a previa inscrición por teléfono (651.66.49.08) ou de forma presencial na Biblioteca Municipal.

Co lema “Coristanco súmase ao rosa”, a Casa Consistorial alumeará a súa fachada en rosa a noite do 18 ao 19 de outubro.

13 oct 2020 / 18:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.