Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Coristanco únese na loita contra a violencia de xénero

Durante o mes de novembro máis de cen establecementos colaboraron na campaña “Nin unha cadeira máis baleira” // Mañá inaugurase unha exposición con propostas de escolas e artistas locais

Coristanco. O pasado 1 de novembro, o Concello de Coristanco, iniciou a campaña “Nin unha cadeira máis baleira” co propósito de sensibilizar e concienciar a poboación sobre a necesidade de unirse contra a violencia.

Máis de medio centenar de establecementos adheríronse á iniciativa, con instantáneas de cadeiras baleiras que veñen a simbolizar as consecuencias que poden desencadear as situacións de maltrato. A maiores, escolas e colexios do municipio xunto con artistas e autores locais, realizaron as súas propostas para dar forza a esta acción cunha serie de labores que mañá serán expostos na planta baixa do edificio de servizos múltiples.

José Antonio Andrade, Loli España, Fernando Calvo Trincado, Xosé Pumar e Lupe Blanco son algúns dos autores e autoras que participaron nesta acción municipal.

A exposición inaugurarase ás 12.00 horas. Tendo en conta a actual situación sanitaria, será necesario solicitar cita previa a través do teléfono 651.66.49.08.

24 nov 2020 / 18:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.