Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Críticas do BNG de Carballo aos orzamentos da Xunta para o 2023

O alcalde, Evencio Ferrero, cualificaos de “decepción” porque “non son, nin de lonxe os que precisa o noso municipio” // Din que Bergantiños "é unha comarca esquecida"

O BNG de Carballo reitera as súas críticas aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2023 porque din que “é máis do mesmo”. Nin segunda ampliación do polígono de Bértoa, “que está esgotado”, nin circunvalación, nin abastecemento de auga á costa, nin travesías, afirman en alusión aos principais investimentos que botan en falta. Por iso, sinala o alcalde, Evencio Ferrero, “cando un carballés defende estas contas, un non pode estar máis que decepcionado, porque non son, nin de lonxe, as que Carballo precisa”.

Non obstante, engaden, “o BNG seguirá insistindo, a través das emendas, para que dende a Xunta se asuman as grandes prioridades de Carballo”. E serán, afirman, “as mesmas que o ano pasado, e o anterior, e o anterior....” porque, segundo o deputado Daniel Pérez, “xa non é só que non se executen eses investimentos, é que mesmo se recortan cada ano”.

O responsable comarcal do BNG, Marcos Trigo, asegura que “Bergantiños segue a ser unha comarca esquecida pola Xunta”.

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.