Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cruce de gravacións e críticas entre goberno e oposición de Ponteceso

Afíns ao executivo de Lois García difunden o audio no que un edil reclamaba un soldo

    Cargando reproductor ...

Ponteceso. Despois de que na fin de semana se fixese pública unha nova gravación na que se escoita ao alcalde de Ponteceso, Lois García, ofrecerse a conseguir tíckets ou facturas para xustificar o pago de dietas a persoal de Protección Civil, afíns ao goberno local (PSOE) fixeron público este luns outro audio (que forma parte duns vídeos gravados no despacho da alcaldía) que ten como protagonista ao edil non adscrito Faustino Santiago no que, afirman, se demostra que “pedía 600 euros de soldo, a maiores do que cobraba por asistencia a plenos, comisións e xuntas de goberno, algo ilegal por ser pensionista”, explicaban.

Sinalan ademais que a gravación do rexedor difundida na fin de semana “é anterior a este audio, e só mostra que nalgún momento se plantexou a posibilidade de que as comisións se pagasen a 300 euros. Pero quedaron a 100, aprobadas en pleno”.

Dende a oposición, tanto os cinco edís non adscritos, que foron expulsados do PSOE, como tamén os concelleiros do PP e de Apin, seguen a demandar a dimisión do alcalde, namentres que este di ter a “man tendida” para desbloquear a situación que atravesa o Concello para que non se perdan máis axudas. M. L.

12 abr 2021 / 18:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.