Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Defensa do talento dixital en galego na novena edición do Carballo Interplay

O Carballo Interplay mantén o seu compromiso co talento galego na súa novena edición, que terá lugar os días 6, 7, 8 y 9 de abril. Con esta iniciativa, pretenden reivindicar a creación de contidos dixitais dende Galicia e en galego, xa sexa en redes sociais coma Youtube ou Tiktok, no eido audiovisual ou en formato podcast. Os contidos galegos protagonizarán a xornada do 7 de abril, que contará con actividades coma a grabación dun podcast en directo, o pitching de iniciativas que optarán ao premio de Mellor proxecto de serie web ou a celebración do décimo aniversario da webserie Angélica y Roberta.

O día comenzará co Certame Dinosaurio Escolas, unha nova iniciativa que busca fomentar a creación de contidos audiovisuais orixinais en galego mediante a creación de capítulos da serie Dinosaurio. O certame estará dirixido aos niveis educativos de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. De entre todos os traballos recibidos seleccionaranse 10 capítulos finalistas que se proxectarán na décima edición do festival. Ademáis, neste encontro cos centros educativos tamén se proxectará a serie Cacola, gañadora do premio a proxecto en galego 2020, da man do seu creador, David Fidalgo.

Ás 12.00 horas terá lugar a gravación en directo de Petiscos no Derby, un formato especial e exclusivo para o Carballo Interplay do podcast Café Derby. Este proxecto, creado por Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol nace de conversas na cociña dun piso de estudantes que co paso do tempo se converteron en tertulias profesionais con invitados relacionados ca cultura galega. Nesta ocasión estarán acompañados da divulgadora Tamara Pazos (Putament), a youtuber e tiktoker Prado Rúa, a xornalista Esther Estévez, cara visible de Dígocho Eu!, o youtuber OlaxonMario e o músico Berto.

Pola tarde, ás 18.10, terá lugar a final do pitching de iniciativas que optarán ao premio de Mellor proxecto de serie web, na que as finalistas presentarán a súa proposta de webserie ante un xurado que decidirá cal será a que reciba 3.000 euros de financiación para a realización dos seus tres primeiros episodios. Este é o único premio destas características que existe en todo o estado español, e deu lugar a creacións coma Peter Brandon (premio Mestre Mateo), Hai vida en Bran?, Sígueme, Xan, Amnesia 3.0, Cacola ou a gañadora da última edición, Pringadas, de Belén Puime.

Para terminar a xornada, ás 22.30 horas terá lugar a festa de décimo aniversario de Angélica y Roberta, coa emisión do capítulo especial grabado para conmemorar os dez anos dunha das webseries galegas máis icónicas da historia.

O talento galego non rematará o xoves, xa que o venres 8 ás 18.30 horas proxectaranse en exclusiva os primeros tres episodios de Pringadas, de Belén Puime, a webserie gañadora do Mellor proxecto de serie web da edición pasada. A serie conta a historia de tres compañeiras de piso que viven en Santiago de Compostela e teñen que aprender a lidiar con rupturas amorosas, o sentimento de non pertencer a ningún lado e o diagnóstico dunha ETS, capturando con un ton honesto e desenfadado a realidade dunha gran parte da mocidade universitaria galega.

17 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.