Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Demandan melloras no centro médico de Ponteceso

Ponteceso. O alcalde pontecesán, Lois García, confía en que a Consellería de Sanidade atenda as demandas do Concello para mellorar o centro de saúde de Ponteceso, “tal e como se comprometeu a facelo o conselleiro, e estou seguro de que vai abordar a mellora das infraestruturas porque así o prometeu por carta en marzo deste ano”. Un equipo de mantemento do Sergas xa estivo realizando tarefas de reparación do tellado do edificio.

No seu día o rexedor, solicitara reforzar os recursos humanos no Punto de Atención Continuada (PAC) “para evitar que o centro quede sen médico cando o facultativo sae a unha urxencia e poder así seguir atendendo ás necesidades dos veciños e veciñas”. Amais, demandárase aumentar os servizos para os usurarios con novas especialidades, así como acometer melloras nas infraestruturas do centro.

García Carballido asegura que “malia que non todas as propostas recibiron unha resposta positiva, Julio García Comesaña prometera por escrito, iniciar o proceso de mellora coa visita dos técnicos, así como ter en conta o resto de demandas de cara o futuro nos plans pertinentes, como a de reforzar o cadro de persoal”. De aí, que lembrou á consellería as peticións, que dende a corporación municipal consideran primordiais para o correcto funcionamento do servizo de atención primaria.

O alcalde aproveitou para felicitar á consellería pola campaña de vacinación que se está a levar a cabo, e na que o Concello de Ponteceso colaborou facilitando o traslado das persoas sen recursos ata o punto de vacinación de ExpoCoruña, contribuíndo así no proceso de inmunización da poboación fronte á COVID.

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.