Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan un centro integral de saúde comarcal

BERGANTIÑOS. O PP de Carballo, a través do seu deputado, Rubén Lorenzo, levará ao próximo pleno local unha moción pola cal instan o executivo a que solicite á Xunta a posta en marcha da remodelación integral e a ampliación do actual centro de saúde para convertelo nun Centro Integral de Saúde que dea servizo a todo Bergantiños.Consideran que a comarca cumpre cos requisitos para contar cun centro como o que se está a construir en Lalín para dar servicio á área do Deza, “pois trátase dunha zona con máis de 60.000 habitantes e cuxa capital está a unha distancia de arredor de media hora en coche do hospital de referencia o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña".

Na actualidade, Carballo conta cunha atención primaria na que están incorporadas todas as actividades da carteira de servizos co que conta este nivel asistencial, tanto en atención primaria como en servizos de atención especializada (cirurxía xeral e dixestiva, xinecoloxía, oftalmoloxía, radiodiagnóstico, reumatoloxía, traumatoloxía e unidade de saúde mental), así como cun Punto de Atención Continuada.

“O actual inmoble ocupado polo centro de saúde atópase en boas condicións, polo que consideramos que a creación dun centro integral de saúde nesta vila para toda a comarca de Bergantiños, non requiría a construción dun novo edificio”, dixo Lorenzo, quen incidiu en que apostar por efectuar unha reforma integral e ampliación do existente permitiría “potenciar a súa capacidade resolutiva e dar cabida á incorporación dun maior número de servizos e pacientes”.

Compromiso autonómico

Nesta línea, o popular subliñou que a mellora constante dos servizos sanitarios para prestar unha atención de calidade é un dos principios fundamentais do Servizo Galego de Saúde. “En Galicia xa se están a construír novas infraestruturas sanitarias mais amplas e humanizadas”, explicou Lorenzo, quen apuntou que Carballo non pode quedar fora do novo escenario de transformación e consolidación dun novo modelo de atención primaria máis proactivo e con maior vocación comunitaria.

Por outra banda, os populares tamén aproveitaron para presentar outra moción na que reclaman ao Goberno Central a facilitar unha mellor cobertura do persoal médico na atención primaria a través, dixo Lorenzo, entre outras cousas, dunha convocatoria extraordinaria de prazas MIR que permita incorporar mais profesionais.

19 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.