Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Denuncian os atrancos para aparcar en prazas de mobilidade reducida

Íntegro fixo visibles onte en Carballo as desculpas dos usuarios que non as respectan

Carballo. A Asociación Íntegro sumouse onte aos actos da Semana Europea da Mobilidade en Carballo e á celebración do Día da Accesibilidade para dar visibilidade aos problemas cos que se atopan a diario na rúa as persoas con mobilidade reducida.

O presidente do colectivo, Adolfo López, acompañado de varios membros de Íntegro; do alcalde carballés, Evencio Ferrero, e do concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, desprazouse ata a rúa Cervantes para protagonizar un acto reivindicativo que bautizaron como Só son 5 minutiños. Ocuparon con cadeiras de rodas, muletas e carteis varias prazas de aparcamento. Neles podían lerse mensaxes semellantes ás desculpas máis usadas cando outros usuarios ocupan prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.

O obxectivo, segundo Adolfo López, era que “a xente que ocupa esas prazas vexa o mal que se sentiría se lles pasase a eles. Non hai aparcamentos para persoas con mobilidade reducida porque queiramos, senón porque as necesitamos”, afirmou.

Pola tarde organizaron tamén unha ruta en cadeiras de rodas polas rúas da contorna do Fórum para avaliar as melloras feitas en accesibilidade e detectar puntos nos que sexa preciso actuar. m. ramos

21 sep 2020 / 18:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.