Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Directo de Gen Playz dende o mercado local de Carballo

Carballo. O contido de Playz, que foi galardoado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, estará presente no festival Carballo Interplay, que se celebrará do seis ó nove de abril. Farán desde a capital de Bergantiños o primeiro directo dende Galicia nun dos seus formatos estrela: Gen Playz.

Xunto a Inés Hernand, que conducirá en directo este programa especial, estarán Refix, Marcelo Lusardi, Ortiga, Aida Tarrío, Esther Estévez, Laura (Le Petit Patito), Tamara Pazos (Putamen_t) e Malva, e ademais actuarán Tanxugueiras e Rastreadores.

O mencionado programa realizarase o xoves, día sete, ás 20.00 horas, no mercado municipal carballés. As prazas para poder asistir como público xa están completas.

Dende o Concello aseguran que a presenza do equipo de RTVE en Carballo provocará unha gran despregadura de medios no mercado municipal e nas rúas da zona.

Por este motivo, a concellería de Mobilidade habilitará zonas de carga e descarga alternativas na contorna do edificio, xa que a rúa Cervantes e un treito da Gran Vía estarán ocupadas dende o martes pola tarde ata o vindeiro venres pola mañá polos integrantes do equipo da cadea estatal de televisión. M. LAVANDEIRA

05 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.