Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dúas persoas feridas tras sairse da vía o seu coche na parroquia carballesa de Sofán

Dúas persoas maiores resultaron feridas en Carballo tras sufrir un accidente de circulación ao sairse da vía o vehículo no que viaxaban. Os dous feridos foron evacuados en dúas ambulancias do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A Policía Local foi quen, pasados uns minutos das oito e media da tarde do venres, informou ao 112 Galicia dun accidente con persoas feridas no lugar de Carracha, pertencente á parroquia carballesa de Sofán.

Nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito foron informados os Bombeiros de Carballo.

Unha vez no punto, os efectivos de Protección Civil indicaron que se tratou dunha saída de vía na DP-1907. Dúas persoas maiores, o condutor e o acompañante, resultaron feridas e foron trasladadas en dúas ambulancias. O coche bateu contra un muro, que se derrubou.

02 jul 2022 / 10:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.