Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Efa Fonteboa de Coristanco organizará un foro empresarial do sector lácteo

Coristanco. Avaliar os escenarios, estratexias e indicadores de eficiencia serán os eixos do Foro Empresarial Lácteo que organizará o Centro de Promoción Rural - Efa Fonteboa, de Coristanco, xunto coa Fundación para a Promoción e Desenvolvemento Rural (Fundesar).

Celebrarase os días 27 de xaneiro, e e 10 de febreiro. Na xornada inaugural José Luis Antuña, conselleiro de Quescrem, avaliará a produción de leite nun contexto de globalización e de segmentación dos mercados. Haberá tamén un coloquio con Carmen Lence, conselleira do Grupo Lence.

O día 3 de febreiro abordarase a estrateixa empresarial na produción de leite, da man de Rafael Prieto, de Gestrafech, e o día 10 debatirase sobre indicadores de eficiencia na xestión empresarial con José Carlos Gutiérres e Asunción Teresa Pendón, de Gestratec. Haberá tamén coloquios con membros de Terra e Leite e XR de Cooperativa Agraria Provincial.

Os interesados en participar deben inscribrise previamente a través do correo luis.garcia@efagalicia.org. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. M. L.

19 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.