Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entregados os premios do I Concurso de Microrrelatos de Nadal en Carballo

Pablo Carballo foi o mellor valorado polo público e Sara del Río, polo xurado // Recibiron un vale de 30 euros para mercar nas librarías do Concello e outro da mesma cuantía para consumir na hostalaría local

Carballo. Coincidindo coa celebración das festas de Nadal e co obxecto de fomentar a participación a través das redes sociais nunha celebración tan tradicional, a Concellaría de Normalización Lingüística convocou o concurso “Microrrelatos de Nadal 2020” en Instagram. O concurso consistiu en que as persoas participantes subisen un relato relacionado co Nadal, de 77 palabras como máximo, á súa conta persoal de Instagram e que etiquetasen a conta do Concello de Carballo, reservando un premio para a publicación que máis “gústame” obtivese e outro a decidir por parte do xurado, que nesta primeira edición estivo integrado pola concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez Cotelo, e pola escritora Rosalía Fernández Rial.

Tal como figuraba nas bases, ás 24.00 horas do día 3 de xaneiro de 2021 fíxose o reconto, e a fotografías con máis “likes”, cun total de 100, foi a presentada pola conta @amochiladavida, que pertence a Pablo Carballo Pacoret, de Carballo. Pola súa banda, o xurado seleccionou como mellor microrrelato o presentado pola conta @triangulo_arquilatero, de Sara del Río Seoane, de Ordes.

Este martes, Maruxa Suárez e Rosalía Fernández entregaron aos gañadores un roscón de Reis. Ademais, entregóuselle un vale de 30 euros para mercar en librarías de Carballo e outro polo mesmo importe para consumir na hostalaría local.

06 ene 2021 / 18:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.