Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen solucións á acumulación de area en Laxe

O BNG vén de presentar no Congreso unha nova iniciativa para que o Goberno se pronuncie sobre os problemas que está a provocar a acumulación de area na praia, no porto e no paseo marítimo de Laxe, debido á alteración das correntes mariñas e dos cambios nas dinámicas mareais “logo de distintas construcións autorizadas na zona de dominio público marítimo”, afirma o deputado Néstor Rego.

Uns cambios que inciden directamente no areal, acumulando grandes cantidades de area, que chega incluso a ocupar o paseo marítimo e a afectar á rede de saneamento de auga e alcantarillado, “provocando tamén inundacións na zona ao impedir o desaugue”, inciden dende o BNG.

O problema ten afeccións tamén no ámbito da seguridade mariña, dado que a acumulación de sedimentos consecuencia das obras e o paso do tempo, así como a intensidade da oleaxe nesta zona costeira impiden que “o porto de Laxe se poida utilizar como porto refuxo da Costa da Morte”, sinalan.

Por todo iso, Néstor Rego preguntará no Congreso se o Goberno coñece a situación e se é consciente de que “estas alteracións supoñen un grave perxuízo para o Concello e afectan á seguridade cidadá, á navegación mariña, á calidade ambiental e á economía da vila”. Quere saber igualmente se o Executivo central se compromete a estudar cales son as causas do cambio nas correntes mariñas e a dar unha solución aos problemas derivados da acumulación de area “conxugando a protección do ecosistema litoral e as necesidades sociais e económicas da veciñanza”.

08 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.