Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Expropiacións para mellorar a estrada que une Grilloi con Ponteceso

Afectarán a dezasete predios e prevén licitar as obras no primeiro trimestre deste ano

Cabana. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar a primeira fase de acondicionamento da estrada AC-423, que comunica Grilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños.

O investimento autonómico é de máis de 1 millón de euros, no que se inclúe o pagamento das expropiacións dos 17 predios necesarios para a súa execución.

Trátase dunha actuación na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5+350, que ten como finalidade acadar unha mellora substancial da seguridade viaria e atender á demanda de conexión da poboación.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade procederá á convocatoria do levantamento de actas previas e á licitación das obras no primeiro trimestre deste ano. Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses.

Segundo recolle o proxecto, nesta primeira fase mellorarase o firme naqueles treitos que están deteriorados e rectificaranse as curvas que teñan un radio reducido. Ademais executaranse tres treitos de sendas peonís en distintos puntos para conectar coas xa existentes.

Na intervención tamén está prevista a colocación de varandas de protección onde haxa desniveis maiores de 0,55 metros, así como a renovación do refuxio dunha parada de autobús. M. R. L.

14 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.